Luns 16 de marzo de 2015 – 20:30 h
Case a entrada de Pontevea, deixando atrás a Ramallosa, está o café A Senra, onde hoxe contan Magda Labarga ás 20:30, e Celso F. Sanmartín ás 22:00.
Magda fala un pouco con algunhas persoas que coñece, mentres se espera á chegada dos espectadores. Case vinte minutos máis tarde da hora de comezo, vai ao escenario a prepararse. Cinco minutos despois está xa en pe, presentándose como canaria afincada en Madrid, para explicar o seu peculiar acento.
A Magda gústalle falar con extraños, e así no lo fai saber, sorrinte. De feito asegura que ela ten unha extraña loira no seu interior, namorada de Luis Tosar.
Comeza o seu primeiro conto, un conto onde a felicidade, as veces, conséguese do xeito máis insospeitado, grazas a unha curiosa e afrodisíaca néboa.
Labarga introdúcenos no seu mundo a través de xestos suaves, descripcións detalladas de cada elemento co que se relacionan as personaxes, dos xiros da súa voz. Mundos de elementos máxicos, obxectos e personaxes, que se moven con fluidez a través da intensidade que esta narradora é capaz de crear.
O público, ainda que escaso, está totalmente entregado a súa palabra. Incluidos os traballadores do local. Cun forte aplauso Magda despídese para dar paso a seguinte sesión, a de Celso F. Sanmartín.
Se non puidestes achegarvos ata Pontevea, ainda estades a tempo de gozar desta contadora, xa que estará contando as súas historias o xoves 19 en Zona C dentro da xornada de peche desta III edición do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica
Foto: Mino Andrade e Amparo Portabales – Texto: Ana Ponte
Comments