Festival Atlántica
Participantes
  • ATLÁNTICA 2026
    • Equipo
    • Apoios
  • Programa
  • Tenda
  • Contacto
  • ATLÁNTICA 2026
    • Equipo
    • Apoios
  • Programa
  • Tenda
  • Contacto

Narradores/as

Ricardo J. Martins
22/062026

Ricardo J. Martins (Portugal)

Raianas

No Festival Atlántica acompañará a artista de Huelva Irene Reina, na súa presentación na Pobra do Caramiñal

Ler máis
Benxamín Vázquez
22/062026

Benxamín Vázquez

Gárgolas de Compostela. 

Unha ollada ao ceo de pedra

Santiago de Compostela é, probablemente, a cidade europea con maior densidade de gárgolas. Máis de trescentas figuras pétreas —enigmáticas, irreverentes, sorprendentes e, ás veces, mesmo divertidas— observan desde as alturas a quen percorre as súas rúas desde hai séculos.

Da fascinación por este patrimonio singular naceu Gárgolas de Compostela, a pioneira guía trilingüe (galego, castelán e inglés) escrita por Benxamín Vázquez e ilustrada coas magníficas fotografías de Xaime Cortizo, que propón unha maneira diferente de descubrir a cidade a través dunha selección das súas gárgolas máis sorprendentes.

No marco do Festival Atlántica, Benxamín Vázquez guiará un roteiro especial que, dada a extraordinaria riqueza deste patrimonio, centrarase nesta ocasión nas gárgolas do Hostal dos Reis Católicos e do mosteiro de San Martiño Pinario. Un percorrido para aprender a mirar cara arriba e descubrir un universo de monstros, animais fantásticos, figuras humanas e escenas inesperadas que forman parte da imaxinación e da memoria de Compostela.

Unha proposta que combina historia, arte e narración para achegarse a un dos tesouros máis singulares e últimamente máis debatidos da cidade.

Ler máis
Camiño Noia
19/062026

Camiño Noia

 

Ler máis
Elena_Cabrejas
19/062026

Elena Cabrejas

Visita á Laxe dos Bolos, santuario da arte atlántica 

O petróglifo de Laxe dos Bolos sitúase na ladeira oriental do Monte Xiabre, elevación situada nas inmediacións da ría de Arousa na costa occidental galega. Este monte destaca tamén por estar comprendido entre a Depresión Meridiana ao leste, a costa das Rías Baixas ao oeste, o val do Umia ao sur-leste e o río Ulla ao noroeste. O soporte, un gran afloramento granítico de 10 m. de ancho (N a S) e 35, 70 m (E a W) e de perfil lixeiramente alombado, apenas sobresae do chan. Atópase dividido por diversas fendas e fisuras que axudan á distribución dos motivos que aparecen distribuidos pola práctica totalidade da superficie, nunha diversidade única que supera a variedade e riqueza iconográfica dos restantes petróglifos do noroeste coñecidos ata a data. Motivos do Neolítico, da Idade do Bronce e da Idade do Ferro que nos indican unha continuidade do uso e valor simbólico deste sitio ao longo de distintas culturas. Vinculado ademais a outros moitos  elementos que fan deste lugar un auténtico santuario rupestre.

Ler máis
Fernando Palitos
19/062026

Fernando “Palitos”

Ler máis
Ana Carreira
15/062026

Ana Carreira

Trasnadas

Sempre houbo contos de trasnos, eses argalleiros que case non se deixan ver, pero que se fan notar. Se se meten na casa, na escola ou na biblioteca poden aparecer cousas rotas ou cambiadas de sitio, xa que aos trasnos seica lles divirte moito facer falcatruadas.
E tamén hai historias doutros que non son trasnos, pero argallan, enredan e embrollan todo coas súas trasnadas.

Ler máis
Liga Santaballesa
14/062026

Liga Santaballesa

Ler máis
Vero Rilo e Ángeles Goás
14/062026

Vero Rilo e Ángeles Goás

Contos Colorados: en boca de muller.

Contos Colorados: en boca de muller é unha viaxe de volta á raíz, alí onde a retranca e o desexo se atopan arredor do lume ou na intimidade da lareira. Vero Rilo e Ángeles Goás recollen a testemuña das nosas antepasadas para poñer voz a historias que, durante moito tempo, foron contadas en voz baixa.

A través dunha selección coidada de relatos da tradición oral, este espectáculo celebra o erotismo visto e contado desde unha perspectiva feminista. Aquí o pracer non é un tabú, senón un motor de vida, liberdade e, por suposto, moito humor. Unha sesión para rir, sentir e recoñecernos nunha memoria colectiva que reivindica o corpo e a palabra sen censuras.

Ler máis
Soraya Lema
14/062026

Soraya Lema

Aitana e a avoa e outros contos violetas

No conto “Aitana e a avoa”, a través da protagonista, que por razóns de conciliación debe quedar ao coidado da avoa, aprendemos cancións e xogos de tradición oral que dormen agochados na memoria das nais e avoas, porque elas tamén foron nenas. “Outros contos violetas” é un compendio de historias con álbums ilustrados e relatos de narración oral que axudan a visibilizar os vínculos amorosos, os que forxamos desde pequenas, e tamén a romper estereotipos, como no libro As princesas tamén soltan peidos.

Ler máis
Pepe Riola
14/062026

Pepe Riola

Ler máis
Older Entries
CO APOIO DE