Festival Atlántica
Participantes
Programa
  • Adultos
  • Infantil e familiar
  • Atlántica 2025
    • Entradas
    • Equipo
    • Apoios
  • Tenda
  • Contacto
  • EDICIÓNS ANTERIORES
    • EDICIÓN 2024
      • Programa adultos 2024
      • Programa infantil e familiar 2024
    • EDICIÓN 2023
      • Programa adultos
      • Programa infantil e familiar
  • Atlántica 2025
    • Entradas
    • Equipo
    • Apoios
  • Tenda
  • Contacto
  • EDICIÓNS ANTERIORES
    • EDICIÓN 2024
      • Programa adultos 2024
      • Programa infantil e familiar 2024
    • EDICIÓN 2023
      • Programa adultos
      • Programa infantil e familiar
Alba Grande

Alba de Vales

Alba de Vales é o nome artístico de Alba Grande co que descobre un percorrido en solitario como xograresa, a través de diversas disciplinas artísticas. Dende adolescente, dedícase a facer teatro e a comprender a escena. Actriz, formadora e monicrequeira en diversas compañías escénicas, forma parte das asociacións NOGA, UNIMA e ALDEAR. Formouse en interpretación xestual no Institut del Teatre e en distintas técnicas das artes populares da escena. A súa vocación como muller escénica, e ao tempo muller rural, é a de cooperar tecendo comunidade a través da oralidade, o teatro e a escoita participativa. E apoiar as iniciativas que dan soporte ao intercambio de saberes, ao tecido comunitario e ao coidado do medio ambiente.

CONTOS ARREDOR DA TERRA | Adultos
Partindo da narración oral e mesturándoa con elementos do teatro xestual e de figuras, Alba de Vales ofrécenos a tradición oral que percibiu e procurou nun compendio de pezas contadas e cantadas.

Co “O rato e a rateira”, relato anónimo recuperado dun vello almanaque labrego que a xograresa reconta á súa maneira, ou “Os tres casamentos nun día”, romance burlesco popular, recollido na súa propia aldea por terras de Cea, e que libremente interpreta, ou a través dunha cántiga tradicional que mestura estilos populares de Galiza e da península ibérica, unha xograresa búscase a si mesma, neste século, tecendo con historias, cantos e contos as preguntas sobre ser xograresa, ser galega e galegofalante, e sobre a tradición ou a ruralidade. Re-interpretándose nas historias do seu lugar de orixe e dunha raíz expandida, que vai e retorna.

WEB ALOXADA EN
CO APOIO DE