
Ana Sofia Paiva
Contos, cantos e outros tantos | Público adulto
Narrativas, cancións e mitoloxias do mundo
Contar e cantar son como o botón e a casa
dunhn chaqueta moi grande onde collemos todos,
ou como a agulla e o fío
con que a imos tricotando,
palabra a palabra.
Levo historias da tradición oral do imaginário portugués con liberdades doutras partes do mundo, contos, lendas, novelas e cantigas que fun escoitando a varias voces. Canto porque escoitei e conto porque hai quen escoite. Levo un camiño pensado, un repertorio definido, mais concéntrome no exercicio de adaptar a miña fala a cada oído. Prepárome para estar á altura do efémero, dese momento único en que estaremos fronte a fronte, voz e oídos, para construír a ponte que atravesaremos xuntos. É para iso que ouvimos e contamos: para ser, estar, coidar, sandar e crear, palabra a palabra, a nosa narrativa humana.