Festival Atlántica
Participantes
Programa
  • Adultos
  • Infantil e familiar
  • Atlántica 2025
    • Entradas
    • Equipo
    • Apoios
  • Tenda
  • Contacto
  • EDICIÓNS ANTERIORES
    • EDICIÓN 2024
      • Programa adultos 2024
      • Programa infantil e familiar 2024
    • EDICIÓN 2023
      • Programa adultos
      • Programa infantil e familiar
  • Atlántica 2025
    • Entradas
    • Equipo
    • Apoios
  • Tenda
  • Contacto
  • EDICIÓNS ANTERIORES
    • EDICIÓN 2024
      • Programa adultos 2024
      • Programa infantil e familiar 2024
    • EDICIÓN 2023
      • Programa adultos
      • Programa infantil e familiar
Tito Concheiro

Ángel Concheiro

Ángel Concheiro Coello é licenciado na especialidade de Prehistoria e Arqueoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Na súa longa traxectoria profesional desenvolvéu máis de 150 intervencións arqueolóxicas por toda Galicia. Ten publicado numerosos artigos en revistas científicas sobre distintos aspectos da Idade do Ferro e o mundo dos gravados rupestres da Idade do Bronce, os seus dous principais campos de actuación, e unha monografía específica (Castro do Achadizo: cultura material, economía e subsistencia na Idade do Ferro). No ámbito do castrexo dirixiu proxectos de escavación e conservación nalgúns dos xacementos máis senlleiros de Galicia: Castro do Achadizo (Boiro), Castros Pequeno e Grande do Neixón (Boiro), Castro de Baroña (Porto do Son), Castro das Barreiras (Vimianzo) e asentamento aberto de Valdamio (Os Riós). Foi durante varios anos arqueólogo da Deputación provincial da Coruña e actualmente é director técnico da empresa Arquestudio S.L.

Visita guiada ao Castro das Barreiras (Vimianzo)

O Castro das Barreiras, en Vimianzo, é un dos enclaves castrexos máis destacados da Costa da Morte e nestes momentos atópase en plena campaña de escavación arqueolóxica. Esta visita guiada permitirá coñecer os avances máis recentes da investigación da man do seu director, o arqueólogo Tito Concheiro. Un percorrido fascinante para achegarse á complexidade deste poboado fortificado e aos novos descubrimentos que están a saír á luz neste 2025.

WEB ALOXADA EN
CO APOIO DE