Festival Atlántica
Participantes
Programa
  • Adultos
  • Infantil e familiar
  • Atlántica 2025
    • Entradas
    • Equipo
    • Apoios
  • Tenda
  • Contacto
  • EDICIÓNS ANTERIORES
    • EDICIÓN 2024
      • Programa adultos 2024
      • Programa infantil e familiar 2024
    • EDICIÓN 2023
      • Programa adultos
      • Programa infantil e familiar
  • Atlántica 2025
    • Entradas
    • Equipo
    • Apoios
  • Tenda
  • Contacto
  • EDICIÓNS ANTERIORES
    • EDICIÓN 2024
      • Programa adultos 2024
      • Programa infantil e familiar 2024
    • EDICIÓN 2023
      • Programa adultos
      • Programa infantil e familiar
Atenea

Atenea García

Atenea García é actriz e creadora escénica. Titulouse en Arte Dramática pola ESAD de Galicia no ano 2010. Durante os anos 2011 e 2012 viviu na cidade de Bos Aires; onde ampliou a súa formación no ámbito vocal e interpretativo con mestras como Jessica Pinkus ou Ignacio Monna. Trala súa volta a Galicia traballou como actriz no Colectivo Avoayouja formando parte de varias das súas montaxes. No ano 2015 fundou co músico Nicolás Zamorano a compañía Xarope Tulú, adicada ao público infantil e xuvenil ademais de comezar a súa andaina como narradora oral labor que segue a desenvolver na actualidade. Desde o ano 2017 colabora como performer co colectivo Blanco&Roja e coa artista Alba Blanco. No ano 2019 traballou como actriz na montaxe Galego, Neorretranca e posmorriña do Centro Dramático. Ademais, neste mesmo ano pasa a formar parte da compañía Baobab Teatro protagonizando o espectáculo Mai Mai. No mes de maio do corrente ano, dentro do marco de Xarope Tulú, a actriz ven de estrear o primeiro espectáculo para o público adulto da compañía, De ti e mailo mundo que apañes, baseado na obra poética de Xela Arias.

Vicio houbo sempre | Público adulto | 60 min
Vicio: Hábito ou costume de actuar de maneira contraria á moral ou ás normas sociais establecidas.
Os últimos anos Atenea García estivo recollendo historias de vida de mulleres de máis de 85 anos que moitas veces remataban falando de pracer e de sexualidade. A primeira conversa naceu cunha frase: “Vicio houbo sempre, gracias a Dios!” E logo seguíronlle outras tantas: “Eu nacín moi cedo”, “Iso antes non che era así” ou “Ai se fora hoxe…”. Así as mulleres foron falándolle de todas esas cousas supostamente prohibidas e deixando entrever que aquilo de chegar virxe ao casamento pasaba ás veces pero outras non, que sempre houbo vida nas marxes! Atenea recolleu as súas historias e preséntaas nesta proposta de narración oral para adultas.

 

Corochas | 0-3 anos | 40 min
Corochas é un espectáculo de pequeno formato dirixido á primeira infancia que combina a narración oral, a manipulación de obxectos e a música. A través do conto acumulativo, da canción e xogo de imitación viaxaremos por diversas paisaxes e coñeceremos personaxes estrafalarias que deben resolver múltiples enredos. Corochas, cachogas, celigras, cóchegas, coscas, deligras ou cóxegas: sensación que experimenta alguén ao lle seren tocadas levemente certas partes do corpo e que se manifesta nun riso involuntario. Por que será que existen tantos xeitos de chamarlles ás corochas? Pode ser que a sensación para cada unha de nós é tan diferente que non somos quen de lles poñer un nome só? Ou será que as corochas só existen á beira do mar e as cóxegas no alto da montaña… Os contos ás veces son coma as corochas, fannos viaxar a lugares onde normalmente non chegamos ou a partes do corpo ás que non lles poñemos atención.

WEB ALOXADA EN
CO APOIO DE