Festival Atlántica
Participantes
Programa
  • Adultos
  • Infantil e familiar
  • Atlántica 2026
    • Equipo
    • Apoios
  • Tenda
  • Contacto
  • EDICIÓNS ANTERIORES
    • EDICIÓN 2025
      • Programa adultos 2025
      • Programa infantil e familiar 2025
    • EDICIÓN 2024
      • Programa adultos 2024
      • Programa infantil e familiar 2024
    • EDICIÓN 2023
      • Programa adultos 2023
      • Programa infantil e familiar 2023
  • Atlántica 2026
    • Equipo
    • Apoios
  • Tenda
  • Contacto
  • EDICIÓNS ANTERIORES
    • EDICIÓN 2025
      • Programa adultos 2025
      • Programa infantil e familiar 2025
    • EDICIÓN 2024
      • Programa adultos 2024
      • Programa infantil e familiar 2024
    • EDICIÓN 2023
      • Programa adultos 2023
      • Programa infantil e familiar 2023
avelinogonzalez1

Avelino González

É actor, contador, tradutor e director. Traballou en teatro, televisión, cine e bares. En compañías como Ollomoltranvía, en espectáculos como Commedia, en películas como Heroína ou Gallego, en series de televisión como Padre Casares, Cuéntame, Hospital Central… e o seu labor teatral foi recoñecido con varios Premios María Casares. Cos contos xa percorreu Europa (Polonia, Alemaña, Suíza…) saltou o Atlántico (Cuba) e toda a península. Fixo dous espectáculos de contos para teatros. Un deles, Vento mareiro, foi o espectáculo máis representado en Galicia no 2005 e recibiu o Premio María Casares á Mellor Música Orixinal. Avelino González pódese atopar en teatros ou bares, na gran pantalla e na pequena (a da tele, e tamén a do ordenador). Pode parecer moita cousa e moi distinta pero en realidade é a mesma cousa: contar ou axudar a contar as doutros en distintos formatos.

Chistes que foron contos | Público adulto

Moitos dos chistes que se contan agora foron contos hai tempo. E en todas partes hai moito que contar.

Rabuñando un pouco, en todas partes saen personaxes pintorescos ou importantes, lendas de mouras e tesouros, anécdotas e sucedidos tráxicos ou cómicos ou amorosos.

Estas historias poderían ser argumentos de series de televisión, pero non saen nas series de televisión. Así que imos contalas!

 

WEB ALOXADA EN
CO APOIO DE