
Ayoub Kamouni e Aziz Belmajdoub
CULTURA SEN PAPEIS | 50 minutos | Adaptado a todas as idades
A proposta dos “Contos da patera” parte dunha historia de Anxo Moure dentro do proxecto “Contos Solidarios” no que os fondos que se recadan invístense no cento por cento no apoio a solidariedade e a cooperación.
A proposta de narración oral adáptase a todas as idades e consiste nunha viaxe polo mundo das culturas do planeta interpretadas con monicreques tecidos por cooperativas do comercio xusto en India, Bangladesh, Guatemala, etc., apoiadas pola musica de percusión de Ayoub e Aziz e a súas voces cantando os contos en árabe. As historias de autoría propia falan da paz, dos refuxiados, das pateras, da inmigración e rematan cantando en árabe e galego, tocando con pandeiretas a cargo de Ayoub e Aziz a cantiga Pandeiretas contra metralletas da autoría de Servando Barreiro e Anxo Moure do libro A música da auga.