Festival Atlántica
Participantes
Programa
  • Adultos
  • Infantil e familiar
  • Atlántica 2026
    • Equipo
    • Apoios
  • Tenda
  • Contacto
  • EDICIÓNS ANTERIORES
    • EDICIÓN 2025
      • Programa adultos 2025
      • Programa infantil e familiar 2025
    • EDICIÓN 2024
      • Programa adultos 2024
      • Programa infantil e familiar 2024
    • EDICIÓN 2023
      • Programa adultos 2023
      • Programa infantil e familiar 2023
  • Atlántica 2026
    • Equipo
    • Apoios
  • Tenda
  • Contacto
  • EDICIÓNS ANTERIORES
    • EDICIÓN 2025
      • Programa adultos 2025
      • Programa infantil e familiar 2025
    • EDICIÓN 2024
      • Programa adultos 2024
      • Programa infantil e familiar 2024
    • EDICIÓN 2023
      • Programa adultos 2023
      • Programa infantil e familiar 2023
Bea_campos1

Bea Campos

Bea Campos leva media vida habitando escenarios, libros e historias. Actriz, narradora oral e comunicadora, é desas persoas capaces de converter unha palabra nun lugar no que entrar e quedar un intre. Licenciada en Arte Dramática pola ESAD de Galicia, comezou moi nova no mundo da narración oral e, desde entón, levou os seus contos por milleiros de funcións e festivais, tamén ao outro lado do Atlántico, participando en encontros de artes escénicas en Latinoamérica. Forma parte de compañías fundamentais da escena galega como Migallas Teatro e Inventi Teatro, ademais de colaborar como actriz noutras propostas escénicas e audiovisuais. Mais se hai algo que define o seu traballo é a capacidade de crear unha conexión inmediata co público, sexa nun teatro, nunha biblioteca, nun patio escolar ou diante dunha cámara. Formadora no ámbito da expresión dramática, da narración oral e da literatura infantil, Bea leva anos sementando historias tamén nas novas xeracións. Actualmente presenta Kalandraka TV, un espazo desde o que achega o mundo dos libros e da literatura infantil a pequenos e maiores cunha naturalidade luminosa e contaxiosa. No Festival Atlántica, Bea Campos é sempre garantía de emoción, humor, ritmo e desa calor especial que teñen as grandes contadoras cando fan sentir ao público que cada historia foi contada só para el.

A nena e os tres osos 

A nena e os tres osos é unha proposta escénica tenra, divertida e chea de imaxinación para público infantil e familiar. Un espectáculo con monicreques, música e obxectos que revisita un dos grandes clásicos da literatura infantil cunha posta en escena delicada e moi visual.

Nesta historia, as cousas máis sinxelas poden transformarse noutra cousa completamente distinta: unha maleta convértese nunha casa, un caldeiro nunha cadeira e unha manchea de calcetíns nunha entrañable familia de osos.

O oso grande, o oso mediano e o oso pequeno viven felices no bosque. Cada mañá repiten o mesmo ritual: preparan as papas do almorzo e saen pasear cantando e xogando mentres arrefrían. Mais un día, unha pequena visitante inesperada entra na súa casa e múdao todo…

Con humor, cancións e moita creatividade, “A nena e os tres osos” convida as crianzas a entrar nun universo onde o xogo e a fantasía transforman o cotián en aventura.

 

WEB ALOXADA EN
CO APOIO DE