Festival Atlántica
Participantes
Programa
  • Adultos
  • Infantil e familiar
  • Atlántica 2025
    • Entradas
    • Equipo
    • Apoios
  • Tenda
  • Contacto
  • EDICIÓNS ANTERIORES
    • EDICIÓN 2024
      • Programa adultos 2024
      • Programa infantil e familiar 2024
    • EDICIÓN 2023
      • Programa adultos
      • Programa infantil e familiar
  • Atlántica 2025
    • Entradas
    • Equipo
    • Apoios
  • Tenda
  • Contacto
  • EDICIÓNS ANTERIORES
    • EDICIÓN 2024
      • Programa adultos 2024
      • Programa infantil e familiar 2024
    • EDICIÓN 2023
      • Programa adultos
      • Programa infantil e familiar
Bouba

Bouba

Bouba Pandeireteiras son un grupo do concello de Tordoia que centran os seus esforzos en recoller a música tradicional do país para logo poder mostrar polo mundo adiante o poder dos nosos vellos e a forza da nosa música. O grupo intégrano María, Carme e Uxía da Pontragha e Maca do Piñeiro.

TERMANDO DOS MARCOS | Concerto

Despois de toda a emoción de Vinculeiras, chegou a merecida calma e puidemos erguer con paciencia o que é o novo proxecto das Bouba.
A lume lento e un bocado máis maduras, reparamos en nós e no mundo e creamos algo novo, pequeno, local, desde as marxes.
Máis ca nunca resituámonos na aldea que nos pariu, a que nos dou o nome e nos mostrou que sen nós non había futuro. Non é esta cousa boa de facer nun país cada vez máis asobalhado polo capital e a desmemoria.
Aquí estamos, Bouba, para seguir sendo, Termando dos marcos. Os marcos somos nós.

WEB ALOXADA EN
CO APOIO DE