Festival Atlántica
Participantes
Programa
  • Programa infantil e familiar
  • Programa adultos
  • Atlántica 2022
  • Equipo
  • Apoios
  • Contacto
  • Atlántica 2022
  • Equipo
  • Apoios
  • Contacto
Brais_das_Hortas

Brais das Hortas

Brais das Hortas é músico, narrador oral e clown. Como músico forma parte de Blues do País e Sacha na Horta. Tocou tamén en Sons Miúdos e Mamá Cabra, entre outros, amais de colaborar en numerosos proxectos (Ataque Escampe, Sofía Espiñeira...). Como clown e músico participa en dous espectáculos con Peter Punk Pallaso: Concerto PunkInfantil e Peter Punk e O Neno Imperdible. Na súa faceta de narrador oral leva máis dunha década na Tropa de Trapo con Marta Ortiz.

CONTOS PARA CAGHAR PATATILLAS | Público infantil e familiar | Galego | 60 min

Este espectáculo é unha mestura de música, clown e contos a partes iguais. Ao longo dos seus 50 minutos pode acontecer calquera cousa: que a Santa Compaña cante un trap, escoitar a verdadeira canción de como morreu Tranquilo, que sete bruxas voen de Moaña a Sevilla nunha barca e mesmo crear instrumentos de refugallo en directo.

WEB ALOXADA EN
CO APOIO DE