
Cândida da Luz
Cândida da Luz naceu na cidade de Calw, preto da Selva Negra, en Alemaña. Os seus pais alimentárona desde cedo con historias e cancións do cancioneiro tradicional de Portugal, enraizándoa na súa cultura, espertando nela a paixón pola sonoridade das palabras e pola beleza do imaxinario. O seu camiño na narración guíase pola procura da ancestralidade, polas raíces da tradición oral do mundo. Desenvolveu varios proxectos no eido da narración oral como Iná Makhá, Abril na voz, De uma chávena de chá fumegam contos, Viajar nas histórias, Brava raiz, Papinhas de mimos para bebés curiosos e Bebés aventureiros viajam pela rotas do luar. Formou con outros artistas o grupo de narración tradicional portuguesa Contos na Eira onde participa como narradora e cantareira.
Á MAKHÁ, MÃE TERRA | Familiar | 60 min
Sesión de contos e cánticos de poder dedicada aos indios norteamericanos. Un encontro coa ancestralidade e a sabedoría profunda da natureza.
