Festival Atlántica
Participantes
Programa
  • Adultos
  • Infantil e familiar
  • Atlántica 2025
    • Entradas
    • Equipo
    • Apoios
  • Tenda
  • Contacto
  • EDICIÓNS ANTERIORES
    • EDICIÓN 2024
      • Programa adultos 2024
      • Programa infantil e familiar 2024
    • EDICIÓN 2023
      • Programa adultos
      • Programa infantil e familiar
  • Atlántica 2025
    • Entradas
    • Equipo
    • Apoios
  • Tenda
  • Contacto
  • EDICIÓNS ANTERIORES
    • EDICIÓN 2024
      • Programa adultos 2024
      • Programa infantil e familiar 2024
    • EDICIÓN 2023
      • Programa adultos
      • Programa infantil e familiar
Candido-Pazó

Cándido Pazó

Nado en 1960 na parroquia de San Paio de Navia (Vigo) e veciño desde hai 20 anos de San Xián de Sales (Vedra), gusta dos ámbitos híbridos onde a memoria rural e urbana se mesturan, dando lugar a curiosas historias transmitidas oralmente. Comezou a contar nos anos 90 e desde entón ten estado presente en todo tipo de espazos de narración oral na xeografía galega e peninsular, así como en festivais e programacións diversas en América Latina, Europa e África lusófona. Do 2000 a0 2008 foi profesor visitante na Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo do Porto (Portugal), impartindo a materia de “A oralidade como ferramenta do traballo actoral”. É tamén autor e director teatral, facetas nas que ten recibido cumpridos premios (María Casares, Max) e recoñecementos (Premio Roberto Vidal Bolaño da Mostra de Ribadavia, Premio Xiria da Mostra de Cangas, Xograr de Outono do F.I.O.T. de Carballo, entre outros) e foi Premio da Cultura Galega en 2014.

Contar para vivilo | Público adulto | 60 min

Unha sesión de historias, contos, lerias e parrafadas sobre outras xentes, outros mundos e outros tempos, nun espectáculo para xente deste mundo e deste tempo. Humor, emoción e memoria coa palabra como único recurso.

WEB ALOXADA EN
CO APOIO DE