
Carme Varela
Carme Varela é filóloga e xestora cultural. Compaxinou traballos na Fundación Castelao como secretaria técnica con outros no campo da produción e distribución teatral coas compañías Ollomoltranvía e Mofa e Befa. Tamén traballou na empresa de servizos teatrais RTA. Foi directora de produción no Centro Dramático Galego e dende o ano 2007 a súa vida laboral estivo ligada á empresa de comunicación Atlantis Multimedia, onde participou en proxectos de publicidade ou na produción de películas documentais como A palabra xusta, dirixida por Miguel Piñeiro. As desterradas, premiada no XXV Premio Álvaro Cunqueiro, foi o seu primeiro texto teatral e foi creado como unha actividade para desenvolver no seo da asociación de patrimonio medieval O Sorriso de Daniel, da que é secretaria e que axudou a fundar en 2010. En 2022 gañou o Premio Selic co texto teatral Faise o escuro.
