Festival Atlántica
Participantes
  • ATLÁNTICA 2026
    • Equipo
    • Apoios
  • Programa
  • Tenda
  • Contacto
  • ATLÁNTICA 2026
    • Equipo
    • Apoios
  • Programa
  • Tenda
  • Contacto
carmen_domech_grufalo_2

Carmen Domech

Carmen Domech é narradora, titiriteira, escritora e artista plástica, enfocada a espectáculos de contacontos de repertorio moi variado dirixidos a diferentes idades, desde os dous ata os once anos aproximadamente. Desde 1993 forma parte da compañía Títeres Cachirulo, construíndo as marionetas e actuando nos espectáculos. Con ela realizou máis de 50 obras de teatro de monicreques de temática clásica, tradición oral ou textos de autor. A compañía abriu en 1997 a Sala Yago, onde se programaba inicialmente teatro de marionetas, e incluíu despois teatro e cine. Desde 1987 Carmen vén desenvolvendo actividades de animación á lectura, obradoiros e contacontos como membro de diferentes asociacións e colectivos. Tamén levou a cabo exposicións, obradoiros de construción de marionetas, cursos de formación para monitorado de tempo libre, profesorado e persoal de bibliotecas, e foi cofundadora do Festival Internacional Galicreques en 1996. Ten publicadas varias obras de temática formativa, así como varios xoguetes e teatriños de papel.

O Grúfalo

Tres historias acontecen na fraga.

“O Grúfalo” está baseada no texto do libro de Julia Donaldson e nas ilustracións de Axel Scheffer para o deseño dos monicreques.
Conta a historia dun ratiño que pasea pola fraga e atopa un raposo, un moucho e unha serpe. Os tres queren papalo, pero o enxeñoso ratiño crea un monstro imaxinario para sobrevivir. Cal non será a súa sorpresa cando ve de diante del a súa fantasía feita realidade e con ganas de merendar… ratiños, por exemplo. Pero o noso rato, coa súa intelixencia, valentía, astucia e confianza en si mesmo, sobrevivirá a todos eses depredadores máis feroces e fortes ca el.

“Carapuchiña Feroz”, Do libro Contos en verso para nenos perversos.
Historia baseada na versión que fixo Roal Dahl do famoso conto universal da Carapuchiña Vermella que todas as nenas e nenos coñecen.

“Shhh! Temos un plan”. Baseada no libro de Chris Haughton. Catro amigos van pola fraga; ao ver un paxariño, queren cazalo. Salvo o máis pequeno, que decide axudalo para que poida vivir en paz. Non todos os plans perseguen o mesmo… Unha divertida historia chea de acción e alegría de vivir.

CO APOIO DE