
Carolina Arabia
DE CANTOS Y ANIMALES | Adultos
Cántase ás vacas nas chairas de Colombia e Venezuela, aos bois nos campos de cultivos de Bután. Nas montañas de Marrocos, pastores de rabaños e cazadores de serpes amansan os animais con melodías das súas frautas. Cántase para aquietar, para que baixe o leite, para guiar polos camiños, para arar a terra, para acompañar a soidade. Cántase a viva voz ou con instrumentos cuxa mesma anatomía aparece entrelazada coa do animal e da vexetación que o rodea.
Que significado teñen estes cantos? Nun momento puidemos comunicarnos mediante a música con outras especies? Compartiamos con elas un mesmo idioma? Era iso o paraíso?
De cantos e animais narra en primeira persoa un percorrido de oito anos no que Carolina Arabia transita entre voces de humanos e animais e recolle unhas manifestacións culturais que parecen destinadas ao esquecemento.
