Festival Atlántica
Participantes
Programa
  • Programa infantil e familiar
  • Programa adultos
  • Atlántica 2022
  • Equipo
  • Apoios
  • Contacto
  • Atlántica 2022
  • Equipo
  • Apoios
  • Contacto
Carolina_Rueda

Carolina Rueda

Son de natureza viaxeira. A viaxe coas súas esixencias, os seus coidados, os seus perigos e os seus achados. Desde hai 30 anos traballo na narración oral promovendo basicamente dous aspectos: o seu aspecto artístico e de localización nacional e internacional; e o seu carácter de instrumento de xestión e ferramenta en ámbitos educativos, políticos, empresariais e tamén artísticos. Gradueime en Literatura e tal vez por iso a procura constante por contar o que leo. Como artista caracterízome por realizar adaptacións, obras derivadas e versións libres de autores da literatura universal e versións de relatos de tradición oral do mundo. Os meus obradoiros de formación en narración oral foron adaptados para diversos fins, tanto públicos como privados, así como o meu traballo de dirección, predirección, produción e proxección de espectáculos e eventos. En calidade de xestora e programadora coordinei desde 1990 ata 2012 a mostra de cuenteros (nacional e internacional) do Festival Iberoamericano de Teatro de Bogotá, que logrou nas súas dez primeiras versións posicionarse como un dos máis grandes do mundo. Tamén participei como profesora convidada e profesora regular en programas de adquisición do idioma español como segunda lingua e en programas de literatura, educación a distancia e artes escénicas en universidades como Cornell ou Miami, nos Estados Unidos, ou en centros de profesores e universidades en España, Perú e Chile como os Andes, Javeriana e Universidad Nacional, en Colombia. Ao longo da miña carreira profesional realicei máis de 2000 funcións para todo tipo de públicos.

CONTOS CANTADOS, CANTOS CONTADOS | Público infantil / familiar

A súa estrutura mestura cantos e historias colombianas e universais: divertido, xoguetón establece un dialogo cos nenos e os pais en canto á memoria, os temores, a familia e os amigos. Forman parte do seu repertorio aínda que en cada ocasión cóntanse, os que se consideren adecuados á franxa de idade, os seguintes contos e cantos.

Os contos: Mi abuela. La trompa de los elefantes (Rudyard Kipling), Abuela Continuación, La Tortuga que quería volar (Trad. Oral Caribe), El nacimiento del Arco iris (tradición Cashinagua), La Siesta de la abuela (tradición oral española), Los tres pelos de oro del diablo (Hermanos Grimm). Os cantos: El Gallo Tuerto, La araña Picua e El conejito Juan.

O XOGO DAS SOMBRAS | Público adulto

É un espectáculo de narración oral construído en piares de historias que pecan todas elas por íntimas e á vez por compartidas. De humores, dragóns, amantes e misterios é este espectáculo. Percorre palabras e silencio, ouriza a pel, un traballo de irse facendo, como o desexo, como a ciencia, como calquera camiño. Os autores danme motivos de conversación, cóntanme historias por percorrer, son compañeiros do camiño Gustavo Roldan e María Teresa Andruetto, de Arxentina; Óscar Godoy, Héctor Abad Facciolince e Santiago Mutis de Colombia; cos seus personaxes converso, a eles convido, deles falo, ás veces cóntoos ás veces refíroos, eles son os debuxantes deste xogo de cataclismos.

WEB ALOXADA EN
CO APOIO DE