Festival Atlántica
Participantes
Programa
  • Adultos
  • Infantil e familiar
  • Atlántica 2025
    • Entradas
    • Equipo
    • Apoios
  • Tenda
  • Contacto
  • EDICIÓNS ANTERIORES
    • EDICIÓN 2024
      • Programa adultos 2024
      • Programa infantil e familiar 2024
    • EDICIÓN 2023
      • Programa adultos
      • Programa infantil e familiar
  • Atlántica 2025
    • Entradas
    • Equipo
    • Apoios
  • Tenda
  • Contacto
  • EDICIÓNS ANTERIORES
    • EDICIÓN 2024
      • Programa adultos 2024
      • Programa infantil e familiar 2024
    • EDICIÓN 2023
      • Programa adultos
      • Programa infantil e familiar
Caxoto

Caxoto

Felipe Díaz, máis coñecido por "Caxoto", é narrador. Ligado ao espazo escénico dende hai anos, entra en contacto coa oralidade ao chegar á Editorial Kalandraka onde asumiu o reto de ser contador nunha campaña de animación á lectura que o levou por colexios de toda a xeografía galega. Dende aquela Caxoto adícase ao mundo dos contos cun amplo abano de espectáculos dirixidos, preferentemente a público infantil e familiar. Na actualidade é contador de referencia en concellos como A Coruña, Lugo, Vigo, Oleiros, Arteixo, Narón... e nos últimos anos participou e participa en festivais de narración oral moi recoñecidos entre os que destacan o Maratón de los Cuentos (Guadalajara), La senda del cuento (Toledo), Festival EVA (Madeira-Portugal) ou Falando a boca chea (A Coruña).

CONTOS A PÉ DE RÚA | Público infantil | 60 min | En galego
Neste espectáculo un barrendeiro fai unha entrada inesperada e ante un público expectante decídese a contar algún dos contos que le mentres limpa nas bibliotecas e os colexios municipais. Algunhas veces contos de medo, outras contos cheos de fantasía, contos tradicionais… todo misturado con xogos, cantigas… un plan perfecto para escoitar sentados co cu no chan e os pés coma os indios.

GRANDES ÉXITOS: 2004 – 2024 | Público familiar (+4 anos) | 60 min
Neste ano 2024 Caxoto cumpre 20 anos enriba dos escenarios contando contos por toda Galicia e media España. En todo este tempo o conto foi o principal ingrediente do seu traballo… pero non o único! Se os contos foron o sal, a música foi a pementa.
A través das cantigas tradicionais, dos xogos musicados, dos instrumentos peculiares,… Caxoto foi xuntando todo un amplo repertorio musical que vai dende o jazz chairego de Manuel María, á bossa nova mariñeira, pasando pola nosa rica tradición musical e as cantigas infantís de toda a vida. E todo no mellor acompañamento musical posible: Gaita, pandereta, ukelele, whistle, acordeón, birimbao, xilófono…
Para celebrar as dúas décadas vivindo do conto, Caxoto fai unha selección de todas estas cantigas, contos e xogos neste Grandes éxitos 2004-2024. Un espectáculo divertido e participativo para todos os públicos… e todas as gorxas.

WEB ALOXADA EN
CO APOIO DE