Festival Atlántica
Participantes
Programa
  • Adultos
  • Infantil e familiar
  • Atlántica 2023
  • Equipo
  • Apoios
  • Contacto
  • Atlántica 2023
  • Equipo
  • Apoios
  • Contacto
charojaular

Charo Jaular

Charo Jaular, como ela conta, naceu na Bella Zamora e non podía facelo noutro lugar, porque, como ela di, é pequena e coqueta como a súa Zamorica da alma... As súas devanceiras por parte de nai naceron alá onde hai xigantescas penedas graníticas cortadas que forman o peche do río Douro chamado Os Arribanzos, onde primeiro chegou o granito, logo a auga e despois sen présa o tempo. Alguén marcou alí a fronteira con Portugal, pero antes de converterse en fronteira, os ríos xa tiñan dúas beiras e as xentes construían barcas ou pontes para coñecerse, para intercambiarse, para humanizarse, para amarse, por moito que queiras separar e vixiar aos veciño, por moito que se lles prohibira, intercambiaban bens, amizade, amores e por suposto CONTOS. Leva máis de 20 anos traballando, está especializada en enfeitizar desde bebés ata familias e público adulto, traballou principalmente en bibliotecas, teatros, colexios, festivais nacionais e internacionais, centros culturais, residencias de anciáns, cárceres, obradoiros para mulleres e mocidade, pequenas vilas e grandes cidades, onde grandes e pequenos deciden viaxar xuntos da man, espazos todos onde se ama a palabra.

Ti, eu e unha chea de segredos
Disque en noites de San Lourenzo, cando as estrelas fugaces acenden a escuridade, tanto brillo fai que sexa imposible gardar un secreto. Cada ano na miña familia, compartimos secretos gardados en escritorios e faiados, en corazóns, miradas e silencios… Na túa familia hai algún secreto? Ven compartilo!

Bicos e contos | 6 meses ata 3 anos | 40 min
“Bicar” é acariñar cos beizos, “Contar” é acariñar coas emocións.
De cantas formas bicáronche na vida? Algunha vez bicáronche a través das palabras?
Neste intre, se ti queres, vas recibir moitos bicos… tantos como historias. Haberá bicos para suspirar e bicos para inquietar, bicos de auga e bicos do deserto, bicos antigos e bicos para mañá… bicos e máis bicos…
Será neste instante, só se ti queres que che bique mentres conto.

WEB ALOXADA EN
CO APOIO DE