Festival Atlántica
Participantes
  • ATLÁNTICA 2026
    • Equipo
    • Apoios
  • Programa
  • Tenda
  • Contacto
  • ATLÁNTICA 2026
    • Equipo
    • Apoios
  • Programa
  • Tenda
  • Contacto
Festival Atlantica 2025

Charo Pita

Naceu á idade de seis anos cando rematou de ler o seu primeiro libro. Desde ese día a súa idade foise adaptando ata facela sentir contemporánea de todo o mundo. Comezou a narrar historias no ano 1994 e viaxou con elas polo mundo: Alemaña, Polonia, Italia, Nicaragua, Galicia, España... O seu traballo abrangue diversas áreas do fabuloso, conta tanto para a rapazada como para a xente adulta. Tamén imparte obradoiros de narración e lectura expresiva, e leva publicados case unha vintena de libros. Gañou algún que outro premio literario, entre eles o Premio Internacional de Álbum Ilustrado Ciudad de Fuengirola no ano 2026, o Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas no ano 2020, o Espiral Maior de Poesía no ano 2001 e o Premio Manuel Murguía de Narracións Breves en 2018. Unha das súas facetas máis persoais é a de mesturar contos e música.

Retratos en branco e negro

Retratos en branco e negro imaxina un universo ateigado de grises: contos entre o real e o extraordinario, entre o vivido e o soñado, entre o cómico e o dramático, nos que latexa a tradición oral.

CO APOIO DE