Festival Atlántica
Participantes
  • ATLÁNTICA 2026
    • Equipo
    • Apoios
  • Programa
  • Tenda
  • Contacto
  • ATLÁNTICA 2026
    • Equipo
    • Apoios
  • Programa
  • Tenda
  • Contacto
Chus Álvarez

Chus Álvarez

Chus Álvarez é filóloga, educadora infantil e máster en Estudos Avanzados de Teatro. É tamén diplomada en Arte Dramática e ten unha ampla formación actoral. Leva anos dedicada ao mundo dos nenos e nenas, tanto impartindo aulas de teatro como dirixindo e actuando para este público. Á parte de traballar como narradora oral e docente teatral, co-creou Teatro da Semente, unha compañía teatral especializada en teatro para bebés, coa que xirou por Galicia, España e Portugal de 2012 a 2018. Traballa como narradora oral desde 2003 en espazos como as Bibliotecas Municipais da Coruña, feiras do libro de Coruña, as principais bibliotecas de Galicia, escolas infantís municipais de Galicia, Galiñas Azuis, diversas ONG, etc. Tamén imparte obradoiros e relatorios de narración oral, linguaxe oral e expresión dramática para diferentes entidades, como o CEFORE, o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, a ASPG, salóns do libro, ciclos de Formación Profesional de Educación Infantil, etc. Ademais, ten un fermoso pasado como auxiliar de biblioteca na Coruña, na Biblioteca Infantil e Xuvenil e na sala infantil da Biblioteca Fórum Metropolitano, onde estivo 5 anos. Como narradora de concertos didácticos traballou coa Orquestra Sinfónica de Galicia, a Escola de Música de Oleiros, a Banda Municipal de Música de Coruña, o grupo Siglo XX ou a GuildHall Jazz Enssemble de Londres. Tamén participou en dous concertos didácticos de creación propia, Jazz Animados e Pequeno Circo Ambulante, con múltiples funcións no Palacio da Ópera de Coruña. Ten tamén experiencia como presentadora do Festival RESIS de Música Contemporánea da Coruña ou da serieweb Lenzos e Partituras, un proxecto audiovisual que reúne artes plásticas e música. Como actriz de teatro traballou en compañías como Teatro da Semente, Trifulca, Galitoon ou Casahamlet, sempre con espectáculos infantís. No campo audiovisual ten ampla experiencia como locutora e actriz de dobraxe, e tamén como actriz de televisión en series como A estiba, Pazo de Familia ou Matalobos. Actualmente compaxina o seu traballo actoral coas clases de teatro que imparte no Centro de Artes Escénicas de Oleiros.

Continentes

Contos do mundo en pequenas maletas. Un mundo de contos para nenos e nenas. Viaxes que lembran historias e xente. Recordos, palabras, e un conto por cada continente.

CO APOIO DE