Cláudia Fonseca
Cláudia Fonseca naceu no Rio de Xaneiro, máis ten as súas raíces no nordeste do Brasil e de alí venlle a súa voz narradora. Reside en Portugal dende o 1992, país onde estudou a carreira de psicoterapeuta e se fixo contadora de historias. Investigadora do IELT (Instituto de Estudos de Literatura Tradicional), prepara o doutoramento en Estudos Culturais, traballando entre a psicanálise e a narración. Partilla a vida profesional entre a clínica e a narración, desenvolvendo innumerables actividades no ámbito dos contos, mediación de lectura e programación cultural, en contextos moi diversos. Participa en encontros e festivais, dentro e fora de Portugal. É programadora dos Cacharoletes de Contos, noites de contos en Lisboa. Co-organiza o Terra Incógnita - Festival Internacional de Contos de Lisboa. A súa bagaxe está chea de historias de moitos lugares e tempos, contos tradicionais e de autor, cantigas, e historias de familia e casos.