Festival Atlántica
Participantes
Programa
  • Adultos
  • Infantil e familiar
  • Atlántica 2023
  • Equipo
  • Apoios
  • Contacto
  • Atlántica 2023
  • Equipo
  • Apoios
  • Contacto
Cris-Amor

Cris de Caldas e Amor Herrera

Cris de Caldas naceu entre os contos que lle contaba a súa avoa Carmela para que comera, para que non comera tanto, para que deixara de gabear polas árbores, para que levantara o cú, para que falara, para que calara... Deste xeito, aprendeu que había un conto para cada ocasión. Tanto conto arrolouna que quixo saber máis deles, polo que non lle quedou outra que estudar filoloxía pero iso non foi suficiente. Ela quería vivir entre contos, así que logo preparouse para ser bibliotecaria. E aínda que é un traballo moi creativo e divertido, ás veces sinte que os contos queren saír dos andeis e eu lévaos con ela para que os escoite quen sabe facelo. Outras veces, prefire conversar con quen máis sabe e levar un anaco da nosa tradición no seu contar. Na actualidade, conta para todo tipo de públicos, para quen non ten nin un ano e para que pasa dos cen. Só se precisa orellas, para escoitar, corazón, para deixarse emocionar e boca para sorrir. Ti sabes escoitar? Pois ela ten un conto para ti. Amor Herrera (La Habana, 1972) é graduada en música na especialidade de trombón no Conservatorio Provincial Amadeo Roldán. Formou parte durante varios anos da afamada Orquesta Anacaona de Cuba coa que gravou varios discos, documentais e realizou xiras por máis de 30 países participando en prestixiosos festivais internacionais. No ano 2001 trasládase a vivir a Galicia integrando diferentes formacións musicais de renome. Tamén é cantante, escritora, locutora de radio e produtora.

Ida e volta | Público adulto | 60 min -ESTREA-
Cris, galega e branca coma o leite, é narradora oral.
Amor, cubana e negra como o café, é música profesional e escritora ocasional.
Cris conta contos, algúns deles escritos por Amor, quen ademais acompaña á narración con notas musicais, unhas brancas e outras negras.
Amor e Cris xúntase para parir o espectáculo de narración oral e música en directo “Ida e volta”.
Nesta función levaran ao público de viaxe no espazo e no tempo a través de historias de migracións, sabedoras da importancia de non perder a memoria e da riqueza da diversidade cultural.
As dúas pensan que rememorando o pasado, entenderase mellor o presente e respetarase o futuro porque hai historias e contos que teñen billetes de ida e de volta, coma a vida mesma.

WEB ALOXADA EN
CO APOIO DE