
Dani Blanco
MURMURABAN AS MIÑAS VECIÑAS | A partir 12 anos | 60 min
Historias vivas recollidas para ser contadas de viva voz, aquí presentadas coma unha instantánea, coa humilde intención de que permanezan nalgún lugar. Contos de catro mulleres bravas do Morrazo, que levaron a vida que querían levar. Unha mestura entre a ficción e a realidade contadas sempre desde o humor. Para pasar da emoción a risa sen decatarse.
HISTORIAS DESDE O OUTRO LADO DA RAIA | Infantil e familiar (+3 anos)
Desde o outro lado do Miño, hai contos que se foron contando alén do tempo. Pasaron de avós a nais e destas ás crianzas que foron máis tarde pais. Contos fantásticos que van cruzar a fronteira imaxinaria. Contos da tradición lusófona, lonxe no espazo mais que imos sentir moi pretiño.
