Festival Atlántica
Participantes
Programa
  • Adultos
  • Infantil e familiar
  • Atlántica 2025
    • Entradas
    • Equipo
    • Apoios
  • Tenda
  • Contacto
  • EDICIÓNS ANTERIORES
    • EDICIÓN 2024
      • Programa adultos 2024
      • Programa infantil e familiar 2024
    • EDICIÓN 2023
      • Programa adultos
      • Programa infantil e familiar
  • Atlántica 2025
    • Entradas
    • Equipo
    • Apoios
  • Tenda
  • Contacto
  • EDICIÓNS ANTERIORES
    • EDICIÓN 2024
      • Programa adultos 2024
      • Programa infantil e familiar 2024
    • EDICIÓN 2023
      • Programa adultos
      • Programa infantil e familiar
Elvira-carregado

Elvira Carregado

Elvira Carregado Pazos é arquitecta desde 1993 e máster en Restauración Arquitectónica pola Universidade da Coruña (UDC). No exercicio da profesión libre desenvolveu traballos moi diversos, centrados especialmente no ámbito da rehabilitación, actividade que consolidou durante a súa etapa na Oficina do Casco Histórico de Ourense entre os anos 1999 e 2007. Entre os proxectos realizados na súa traxectoria profesional destacan a piscina climatizada de Allariz, realizada en colaboración con Áurea Soto no ano 1998; o albergue para peregrinos en Sandiás, tamén en 1998; e a rehabilitación do coro da Igrexa de San Esteban de Sandiás no ano 2007. Desde o ano 2007 exerce como arquitecta municipal no Servizo de Urbanismo do Concello de Ourense, completando a súa formación neste ámbito con diversos cursos, entre eles o de Técnico Superior en Urbanismo da Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Foi vogal de Urbanismo, Territorio e Función Pública do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) entre os anos 2013 e 2019, e ocupou o cargo de Secretaria da entidade entre 2019 e 2023. Durante ese período, coordinou desde a súa creación o espazo Hai Mulleres, xunto con outras compañeiras, especialmente nos últimos catro anos coa arquitecta Carmen Figueiras. Formou parte do Grupo de Traballo de Xénero do COAG e da Comisión de Xénero do Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España, representando esta institución en ACE Women in Architecture e UIA International Women in Architecture. Foi tamén directora académica do Curso Superior de Urbanismo (CSU) da EGAP entre os anos 2015 e 2023.

RÓTULAS URBANAS

Dende o seu nacemento dunha cidade, a historia e os que formaron parte dela deixan a súa pequena aportación, coma se alguén estendese un papel en branco e comezase a debuxar, e dende entón, progresivamente e sen parar, ese bosquexo vaise continuado polos tempo e as persoas.

Mais non está rematado, e agora é a nosa quenda.

O que hoxe habitamos é o resultado desa complexa e longa relación entre os pobos e o medio. Herdamos espazos froito dun lento proceso construtivo no que estiveron presentes todo tipo de variables, que condicionaron as intervencións humanas e as pegadas deixadas ao longo da historia. E é precisamente esa interacción concreta a que nos permite falar da identidade dun territorio.

Propoñemos un paseo “descubrimento” por ese Ourense, desenmascarando espazos, edificios, fitos que marcaron a historia urbana desta cidade, e que a fixeron como é.

Ás veces serán magníficas arquitecturas, outras arquitecturas desas que permanecen silandeiras e simplemente dan unha resposta correcta ao programa de necesidades e provocan felicidade. Ou prazas, rúas e cruces que percorremos na nosa vida cotiá e que quizais pola súa proximidade non apreciamos, lugares ao final da rúa e que non vemos, que pasan desapercibidos.

Todas, as mais recoñecidas e as mais invisibles, son rótulas urbanas que dalgún xeito decidiron a evolución urbana de Ourense.

WEB ALOXADA EN
CO APOIO DE