Estefânia Surreira
Creei o meu proxecto de mediación de lectura en 2014 e deille o nome “As tartarugas tamén voan”, por ser o título dun dos filmes da miña vida e por crer que elas voan de verdade (cando ningún ser humano está preto, claro). Fun aprendendo a ler historias en voz alta e a narralas, descubrindo que elas se tornan reais no momento máxico de compartilas cos demais. Con aquel que escoita. Con aquel que se deixa enmarañar nos longos fíos de palabras que imos soltando dos libros, da nosa imaxinación, da nosa voz, do noso corpo. E tamén aprendín, neste traballo de lectora e narradora, a escoitar os outros que, coma min, entregan a súa alma á palabra lida, á palabra dita. Neste camiño que é, por enriba de todo, de escoita, descubrín o poder marabilloso das historias e aprendín, con quen fai da narración o seu oficio, o seu modo de vida, que é posible rescatar contos, memorias e afectos e partillalos con quen sabe que as tartarugas, alí do outro lado da vida, tamén voan.