
Félix Albo
YAYERÍAS | público adulto
Un secreto de familia, o silencioso ruído dun cemiterio na noite, o recordo dun tío avó a quen non coñecín, o tacto suave dun amor oculto, un forasteiro, a voz rouca dun enterrador, un grilo, unha curuxa, o ouvido dun can afastado e un velorio nun pequeno pobo de interior. Estes son algúns dos elementos que dan sentido ao aire que se respira neste espectáculo de dúas historias para público adulto.
Yayerías é un espectáculo disparatado sobre a emoción e a tenrura. O reflexo de todo aquilo que temos en común aínda sen vivilo. Unha mirada sobre os nosos propios estereotipos sociais e comportamentos. Todos os elementos que aparecen nas dúas historias van compoñendo a atmosfera única na que respiran todos os seus personaxes e, acaba respirando entre risas, o público. Dúas historias cuxo eixo é o asasinato dunha muller por unha cuestión meramente moral.
Yayerías é un dos espectáculos de pequeno formato máis maduros do artista Félix Albo, de ton xograresco, cunha conexión directa co público, vital e xovial, cun ritmo próximo á comedia pero provocando momentos de verdadeira tenrura e outros de hilarantes gargalladas. Sempre sorprendente.
CONTOS DE CONTOS | Infantil e familiar (+5 anos)
Contos de contos é unha sesión de narración oral que se apoia no álbum ilustrado para xerar un vínculo entre o acto escénico e a lectura. O ton é dinámico, divertido e apto para todos os públicos.