Jaime Santos
Blancanieves | Infantil e familiar
Un espectáculo luminoso celebrado pola crítica e o público no que a terrorífica historia de Blancanieves cóntase desde o verso e desde o humor que nace das situacións máis desgraciadas. Blancanieves, a luz máis refulxente, é odiada e envexada pola súa madrastra, unha fermosa lámpada cuxa beleza está baleira, pois nin sequera emite luz. E alí onde habita a luz, atópase a beleza que encandea de verdade ás almas nobres. E é que a beleza é invisible aos ollos.
- Premio Max ao mellor espectáculo para púbico infantil, xuvenil ou familiar (2023)
- Premio do Público ao Mellor Espectáculo Infantil na Feira de Teatro de Castela e León (2020)
- Premio Titeremurcia ao Mellor Espectáculo (2021)
Pisando el llano | Público adulto | 60 min
Jaime Santos dirixe e protagoniza o monólogo ‘Pisando el llano’, inspirado no libro de relatos de Juan Rulfo ‘El llano en llamas’. Os textos tomáronse sen adorno, masticando o seu verbo cunha nudez absoluta. Non hai máis nada que Rulfo, unha cadeira e un home sentado deixando que flúa a dor, mantendo o equilibrio nun arame de espinos. Só voz, só palabra sen concesión.