Festival Atlántica
Participantes
Programa
  • Adultos
  • Infantil e familiar
  • Atlántica 2025
    • Entradas
    • Equipo
    • Apoios
  • Tenda
  • Contacto
  • EDICIÓNS ANTERIORES
    • EDICIÓN 2024
      • Programa adultos 2024
      • Programa infantil e familiar 2024
    • EDICIÓN 2023
      • Programa adultos
      • Programa infantil e familiar
  • Atlántica 2025
    • Entradas
    • Equipo
    • Apoios
  • Tenda
  • Contacto
  • EDICIÓNS ANTERIORES
    • EDICIÓN 2024
      • Programa adultos 2024
      • Programa infantil e familiar 2024
    • EDICIÓN 2023
      • Programa adultos
      • Programa infantil e familiar
Larraitz Urruzola

Larraitz Urruzola

Larraitz Urruzola é actriz e titiriteira desde 1989. Nestes 35 anos de traxectoria profesional, fundou e formou parte das compañías Teatro Buratini e Teatro Babaluva, e colaborou en proxectos doutras entidades como Fantoches Baj, Os monicreques de Kukas, Os Quinquilláns, Cachirulo, Urgu y Bluff Teatro do Liló, ou Excentricas, entre outros. Desde 2013, xa en solitario, está á fronte de Larraitz Urruzola Producións Artísticas, acadando grande éxito coas montaxes O Crebanoces, A viaxe de Rosalía, Dona Barriga Verde e Fábulas da montaña. A súa compañía é un proxecto persoal que ten como piares a propia actriz, a súa capacidade narrativa, os títeres tradicionais, os contidos con perspectiva feminista e as protagonistas femininas como Rosalía de Castro, Concepción Arenal ou Dona Barriga Verde. Todos estes elementos diferenciais amosan unha aposta clara por visibilizar a pegada dos referentes femininos nas artes e no activismo social. Como membro da Asociación Cultural Morreu o Demo, traballa en diversas accións formativas e de sensibilización para a recuperación do títere tradicional, asumindo tamén o labor de responsable de produción do Festival Titiriberia.

HISTORIAS DE IDA E VOLTA | Familiar (+4 anos) | 45 min

Neste repertorio Larraitz compartirá historias que foi descubrindo no seu percorrido vital entre a súa Euskal Herria natal e Galiza. Un paseo emocional de ida e volta con cosmovisión feminista. Contos populares, mitoloxía e tradicións de ambas identidades culturais.

WEB ALOXADA EN
CO APOIO DE