Festival Atlántica
Participantes
Programa
  • Adultos
  • Infantil e familiar
  • Atlántica 2023
  • Equipo
  • Apoios
  • Contacto
  • Atlántica 2023
  • Equipo
  • Apoios
  • Contacto
baleanorte

Ugia Pedreira e Lidia Luna

Ugia Pedreira, A Pedreira, naceu en Foz (na Mariña de Lugo). A Pedreira é unha mestura explosiva de serenidade e paixón, unha cantora das de verdade, unha voz que invoca a xustiza; a voz negra da música galega, unha das máis importantes, plurais e versátiles do panorama musical de Galicia. Desde que en 1995 iniciou a súa carreira musical, é vangarda no seu país de orixe. A Pedreira canta sobre a vida. O seu último traballo, Segmento cantábrico, foi o primeiro que asina como A Pedreira. Porque nel está e non está a Ugia de Chouteira, de Ecléctica Ensemble, de Marful, de Nordestin@s, de Acrobata ou A comuna del Barruzo. Na actualidade está traballando na creación do seu próximo proxecto musical en solitario. Lidia Luna naceu en Madrid e reside dende fai anos na Illa de Arousa, desde onde colabora no desenvolvemento de diferentes proxectos artísticos e culturais. Psicóloga de profesión, sempre tivo a cabeza e o corazón cheo de historias que escribe e, desde 2014, conta como narradora oral para público adulto, compartindo repertorio con artistas como Emiliano Faryna (Orillas). Cre que como persoas posuímos catro tesouros: a palabra, a imaxinación, a relación coa natureza e a relación con outras persoas. Habitar o mundo, tecer redes de afecto e cooperación, contar e contarnos. Compartir a memoria emocional e comunitaria e actualizala nos espazos de encontro arredor dos contos, da música, a creación compartida.

Contos e Cantos da BaleaNorte | 60 min
Lidia e Ugia propoñen un ferrado de oralidade, unha conversación tecida con cantos e contos entre elas e o público. Como fíos condutores, a paixón polo mar, a profundidade e a sinxeleza das emocións esenciais, a forte inspiración da natureza salvaxe de ambas, o culto ás baleas coas que comparten unha senda común mimetizándose imaxinariamente na súa dor e afouteza. Este diálogo, a lume lento, é unha volta á etimoloxía antiga da palabra entretemento como exposición das entrañas.
Contos propios y alleos de Lidia, cancións orixinais de Ugia, creacións e recoleccións para un espazo común no que ambas calzan as zapatillas de casa, visten as súas chaquetas de lá e adéntranse “al mar de los latidos dichos a media voz”. Este verso de Inmaculada Mengibar irá acompañado con outros textos de Luisa Castro, Natalia Alonso, Marilar Aleixandre o Gabriel García Márquez.

WEB ALOXADA EN
CO APOIO DE