Festival Atlántica
Participantes
Programa
  • Adultos
  • Infantil e familiar
  • Atlántica 2025
    • Entradas
    • Equipo
    • Apoios
  • Tenda
  • Contacto
  • EDICIÓNS ANTERIORES
    • EDICIÓN 2024
      • Programa adultos 2024
      • Programa infantil e familiar 2024
    • EDICIÓN 2023
      • Programa adultos
      • Programa infantil e familiar
  • Atlántica 2025
    • Entradas
    • Equipo
    • Apoios
  • Tenda
  • Contacto
  • EDICIÓNS ANTERIORES
    • EDICIÓN 2024
      • Programa adultos 2024
      • Programa infantil e familiar 2024
    • EDICIÓN 2023
      • Programa adultos
      • Programa infantil e familiar
Lorena Pinheiro

Lorena Pinheiro

Nacín en Meder nunha casa grande con tenda e bar, chea de xente noite e día. Alí aprendín a aplicar o método da miña avoa Saladina: escoitar as últimas novidades sucedidas na parroquia, para poder captar toda a atención da familia nos xantares dos domingos. Cos anos decateime que perfeccionando o método da miña avoa podería vivir do conto sendo eu mesma, contando o que me conmove, contando dende o lugar que ocupan as de abaixo. Sendo unha das novas voces do panorama da narración oralgalega, teño contado no Festival Falando a Boca Chea da Coruña, no Falar por Falar de Pazos de Borbén, no Festival Atlántica, no Sete Falares, no programa da TVG Luar, na Casa das Conchas en Salamanca, no Entre Verbas, en centros de ensino, bibliotecas e nun bo feixe de centros culturais. Formo parte do colectivo de narración oral NOGA dende os seus comezos e complemento a narración oral co proxecto de intervención comunitaria Pensatempos.

CUCÚ TAPA O CU | Familiar (+3 anos) | 60 min

Obradoiro familiar cheo de xogos e enredos da noso patrimonio cultural inmaterial como son os contos, trabalinguas, adiviñas, recitados, cantiga e bailes de roda gardados na memoria das persoas máis vellas.

Sesión chea de ritmos, rimas e recordos que viven en nós dende incluso antes de nacer como é o pun, pun do corazón xestante. Nesta actividade as familias poderán adquirir ferramentas parabrincar coas crianzas en calquera contexto e lugar. A lingua é o xogo máis accesible e versátil.

Actividade recomendada para familias con crianzas a partir de 3 anos. Adaptable a grupos de maior idade.

WEB ALOXADA EN
CO APOIO DE