Festival Atlántica
Participantes
Programa
  • Adultos
  • Infantil e familiar
  • Atlántica 2025
    • Entradas
    • Equipo
    • Apoios
  • Tenda
  • Contacto
  • EDICIÓNS ANTERIORES
    • EDICIÓN 2024
      • Programa adultos 2024
      • Programa infantil e familiar 2024
    • EDICIÓN 2023
      • Programa adultos
      • Programa infantil e familiar
  • Atlántica 2025
    • Entradas
    • Equipo
    • Apoios
  • Tenda
  • Contacto
  • EDICIÓNS ANTERIORES
    • EDICIÓN 2024
      • Programa adultos 2024
      • Programa infantil e familiar 2024
    • EDICIÓN 2023
      • Programa adultos
      • Programa infantil e familiar
Loreto Socorro (FOTO Natasha Bauhaus)

Loreto Socorro

Loreto Socorro é narradora oral, canaria e apaixonada polas historias da vida. Naceu en Telde, Gran Canaria, e medrou entre o mar e o campo, rodeada de voces mariñeiras, pescadoras e labregas que lle transmitiron adiviñas, romances e contos tradicionais. Formada en Turismo e Educación Infantil, foi no ano 2019 cando, grazas a un taller con Pep Bruno, iniciou o seu camiño como narradora oral profesional. Desde entón, Loreto non deixou de formarse con mestras e mestres como Victoria Siedlecki, Momi Ogalla, Félix Albo ou Ana Griott, nin de contar en espazos diversos: bibliotecas, colexios, festas populares, festivais insulares e mesmo hospitais. Durante a pandemia levou contos ás pantallas, aos teléfonos e ás ondas, participando en proxectos como Cuentos para acompañarnos ou os Tagorales de cuentos. Na actualidade, forma parte do proxecto Cuentos que sanan no Hospital Materno Infantil de Las Palmas, levando alento e fantasía a crianzas e familias hospitalizadas. A súa voz mantén vivas as historias das mulleres da súa familia, as piteras de Pino Santo Alto, que sabían traballar a fibra da pita coa mesma destreza coa que Loreto fía palabras e emocións. Conta contos tradicionais, literarios, en castelán, inglés e co apoio de obxectos. Pero sobre todo, conta para lembrar e para acompañar.

CROCODILO | Público familiar (+4 anos) | 50 min
Dun ovo pode saír un pitiño… ou un crocodilo! Nesta sesión chea de humor e tenrura, Loreto Socorro convídanos a escoitar contos que celebran a diversidade e a importancia de aceptarnos tal e como somos. Con rimas de mans e moita participación, Crocodrilo é unha proposta divertida e agarimosa para gozar en familia.

BONDADE | Público adulto e adolescente
Hai silencios que agochan xestos pequenos, e xestos que agochan mundos enteiros. En Bondade, Loreto Socorro fía historias nacidas do mar e do campo de Gran Canaria, relatos de xente común que escolleu –ou non puido deixar de escoller– a xenerosidade como camiño.
Contos que preguntan sen dar resposta: nace a bondade ou faise? É entrega ou defensa? Un espello ou un desexo? Nesta sesión íntima, as palabras acariñan a memoria das mulleres e dos homes que, con mans caladas, fixeron do coidado un acto de rebeldía.

WEB ALOXADA EN
CO APOIO DE