lseo Agilda
lseo Agilda sempre gustou de cantar e facer cancións, así como de escribir para ser quen de calar un rato e poder así pensar un chisco no que fai. Filósofa de formación, encamiñou logo a súa vocación cara a Educación Ambiental e dende aí comparte a súa vontade de aprender a vivir dun xeito máis sostible, sinxelo e xusto a través de cancións, contos e actividades na natureza. Cantante en Sacha na Horta e Blues do País.
A grandeza do pequeno | Infantil e familiar | 60 min
Facerse pequeno mola. Se non, ollade para os dinosauros, moita ansia por medrar e mirade como lles foi…
A nós estanos pasando o mesmiño. Pero non temades porque están chegando mandas de xentes miúdas para axudarnos a entender que o que nos fai grandes ou pequenos non é o noso tamaño, senón a nosa e capacidade de soñar e de tomar decisións.
Soñemos grande e fagámonos pequenos!