Festival Atlántica
Participantes
Programa
  • Adultos
  • Infantil e familiar
  • Atlántica 2023
  • Equipo
  • Apoios
  • Contacto
  • Atlántica 2023
  • Equipo
  • Apoios
  • Contacto
luisccarmelo

Luis Correia Carmelo

Naceu en Portugal e creceu en Brasil, o que lle deixou pegada na saudade e a pronuncia. En Évora estudou teatro e formou unha compañía. Con ela produciu, dirixiu e interpretou varias montaxes. Unha delas, os Contos Trasatlánticos, fixo que tropezara accidentalmente co mundo dos contadores de historias. E foi amor a primeira vista. Ao principio adaptou contos tradicionais, lendas e mitos de todo o mundo. Máis tarde, entre tecidos e álbums ilustrados, construíu tapices cos cales contou historias polas bibliotecas do país. Imaxinou despois unha barraquiña de feira onde vender fábulas e contos. Musicou historias orixinais, para pequenos e grandes, acompañado por unha concertina. Diluíu os límites de verdade e ficción ao contar historias de lugares, a medio camiño entre a narración tradicional e os novos medios. En todas as súas creacións, procura facer do amor polas historias un principio creativo sen barreiras, capaz de reinventar o que será a partir do que foi. E para iso, ligou sempre a súa práctica coa reflexión, cumprindo paralelamente unha traxectoria académica como investigador, da que resultou a tese de doutoramento Narración oral: unha arte performativa. Todo isto sen nunca deixar de promover o mundo dos contadores de historias, comunidade que fixo súa. Produciu e programou espectáculos de narración oral, festivais e coloquios. Participou en proxectos internacionais como especialista. Desenvolveu formacións en nivel superior. Continúa aínda a crer que as historias tratan máis de incertezas que de sabedoría, máis de curiosidade que de memoria, máis de creatividade que de tradición.

Contatinas | Público adulto | 75 minutos
As contatinas son historias contadas cunha concertina, nunha performance onde palabra e música van da man. Localizadas nun imaxinario de principios do século XX, estas historias falan da misteriosa ligazón entre persoas, de encontros e desencontros, ás veces tan só nun pequeno episodio cotián, ás veces na épica aventura dunha vida.

Nin dúas nin tres… era unha e só unha vez | Público familiar (a partir 5 anos) | 50 minutos
Adiviñas, trabalinguas, lerias e contos acumulativos da tradición oral portuguesa e a partir dela. Historias que exploran o verso e a prosa, que presentan un vocabulario coidado e diverso e propoñen xogos de repetición, paralelismo e anticipación. Forman parte dun patrimonio oral que dende hai moito procura ensinar a xogar, a comprender e a pensar: palabras de onte para construír o hoxe.

WEB ALOXADA EN
CO APOIO DE