
Manuel Gago
MAPA DE SERES MÁXICOS DO REINO DE GALICIA | Adultos | Con Rafael Quintía
Plasmar nun mapa de Galicia unha escolma do rico imaxinario tradicional galego, cheo de seres máxicos que ás veces se estenden por toda a xeografía, outras están apegados a un antigo sitio arqueolóxico ou accidente xeográfico e nalgúns casos xa morreron, e deles só fica a súa memoria na antiga documentación. Ese é o obxectivo do mapa “Seres máxicos do reino de Galicia”, un póster que quere contribuir a amosar a diversidade de figuras míticas da nosa cultura e axudar a que sexan coñecidas e difundidas polas novas xeracións.
O mapa, guionizado por Manuel Gago e ilustrado por Leandro Lamas, será presentado por Manuel Gago, acompañado polo antropólogo Rafael Quintía, quen amosará a cultura material que a sociedade tradicional galega vinculaba con algún destes seres.
Con antelación á propia presentación, convidámosvos a un paseo por Compostela cos conferenciantes, para coñecer a pegada da fantasía e dos seres fantásticos na cidade de Santiago.
