
Nuria Vázquez
Son Nuria Vázquez, teño 22 anos e nacín na Coruña. Sempre fun unha rapaza tímida, pero con moito que contar: falaba tanto que me chamaban “o loro” (aínda que non por elección propia). Desa fala incesante naceu o meu amor pola palabra, que medrou nas clases de teatro ás que me levou miña nai. Foi aí onde descubrín o pracer de contar e a forza das historias herdadas dos meus avós. Hoxe estou en 3º de Interpretación Textual na ESADg de Vigo e dou os primeiros pasos como narradora oral, sen esquecer aquela voz que me arroupaba en contos na infancia. Quero contar para manter viva esa memoria: a da voz que coida, que une e que transforma.
