Festival Atlántica
Participantes
Programa
  • Adultos
  • Infantil e familiar
  • Atlántica 2025
    • Entradas
    • Equipo
    • Apoios
  • Tenda
  • Contacto
  • EDICIÓNS ANTERIORES
    • EDICIÓN 2024
      • Programa adultos 2024
      • Programa infantil e familiar 2024
    • EDICIÓN 2023
      • Programa adultos
      • Programa infantil e familiar
  • Atlántica 2025
    • Entradas
    • Equipo
    • Apoios
  • Tenda
  • Contacto
  • EDICIÓNS ANTERIORES
    • EDICIÓN 2024
      • Programa adultos 2024
      • Programa infantil e familiar 2024
    • EDICIÓN 2023
      • Programa adultos
      • Programa infantil e familiar
OSWALDOFELIPE

Oswaldo Pai

Oswaldo Felipe autodefínese como un “cósmico da lingua”. É actor, contador de historias e afeccionado á fotografía. Membro da PAI (Promotora de Acción Infantil) desde 1989 onde participou en numerosos proxectos de teatro de rúa e de sala. Entre os seus espectáculos figuran unipersoais como Cuentos colorados e Historias de la lengua floja, pero hainos tamén de teatro de monicreques e obxectos como Debajo un telón. Con Coro Cocó comeza a incorporar elementos robóticos, evolucionando ata crear en 2018 Artilogios, un espectáculo que aúna poesía e robótica. Desde o 2012 participa en espectáculos de divulgación científica da PAI como Un salto de gigante por mor do cal se mergulla na astronomía e na astrofotografía. Puxo en marcha Noches de Star Mirando, actividades nocturnas de observación nas que combina a explicación do ceo a primeira ollada con proxección nunha pequena pantalla de imaxes en vivo captadas polo telescopio, mitoloxía e música en directo.

ARTILOXIOS | Familiar (+8 anos) | 60 min
Artiloxios son dispositivos para un eloxio poético. Un remexido que se acompaña de artefactos electrónicos e mecánicos que marcan o ritmo ao actor.

Está, por exemplo, o grafitófono, que solfexa a resistencia eléctrica dun debuxo ao carboncillo. E o susurrófono, un fonocaptor pregoeiro do dixomedíxome. Ou o ascensor, un artiloxio ascensonórico evocador de alturas. pero hai moitos máis, todos eles para acompañar poemas de Maria Elena Walsh, Federico García Lorca, Gloria Fuertes, Gerardo Diego, Elsa Bornemann, Antonio Rubio… e de Oswaldo Felipe.

GARBEO CÓSMICO | Familiar (+6 anos) | 60 min
Garbeo cósmico é unha charla xograresca de introducción á astronomía a través da imaxe.
Un paseo cósmico-cómico que fala do ceo nocturno, do que se ve a través do telescopio e tamén do que non se ve. Un espectáculo onde se mesturan a poesía, a narración e o teatro e a xograría.

WEB ALOXADA EN
CO APOIO DE