
Pablísimo
Os contos de Pablísimo é una compañía especializada en contacontos, teatro de animación á lectura e teatro infantil. Os seus espectáculos de pequeno e mediano formato toman sempre como base a literatura infantil (contos clásicos, contemporáneos, e de creación propia) a tradición oral e o teatro. Fundada no ano 2001, leva producidos máis de 20 espectáculos nos que mestura monicreques, música en vivo, teatro de sombras, vídeo ou narración oral. Ten participado en diferentes mostras, horas do conto e festivais. Pablo Sánchez é diplomado en Ciencias da educación e Técnico en Educación Infantil. Conta con un posgrao en interpretación pola Universidade de Santiago de Compostela e completa a súa formación en escolas internacionais (Dell Arte en EEUU, Circomedia en Reino Unido; Scuola del Attore Cómico en Italia, etc). Leva traballando dende o ano 1989 como docente, actor de teatro e televisión, monicrequeiro, clown, contacontos, etc.
O PAROLEIRO | 40 min | Nenos +4
O paroleiro é moi amigo de parolar, gusta de laretar, enredar, falar e de contar. Narra sucedidos, historias e, sobre todo, moitos contos que leva na súa memoria, nas súas maletas, nos seus petos e nos seus zapatos. Esta sesión de contacontos é unha colección de relatos que amosan a gran variedade e riqueza da literatura infantil e da tradición oral. O obxectivo é dar a coñecer os contos de transmisión oral así como os contos máis contemporáneos. Neste espectáculo empregaremos recursos como as sombras, monicreques, poemas numéricos, contos de nunca rematar, retrousos, brinquedos, e cancións.