Festival Atlántica
Participantes
  • ATLÁNTICA 2026
    • Equipo
    • Apoios
  • Programa
  • Tenda
  • Contacto
  • ATLÁNTICA 2026
    • Equipo
    • Apoios
  • Programa
  • Tenda
  • Contacto
Pablísimo

Pablísimo

Pablo Sánchez, Pablísimo, é actor, dramaturgo e contador de historias, creador da compañía Os Contos de Pablísimo, unha referencia da narración oral e do teatro infantil en Galicia. Con máis de vinte e cinco anos de traxectoria profesional, produciu máis de vinte espectáculos de pequeno e mediano formato, nos que mestura a narración oral con monicreques, música en vivo, teatro de sombras, vídeo e outras linguaxes escénicas. As súas montaxes parten sempre da literatura infantil, combinando contos clásicos, contemporáneos e de creación propia. Ao longo da súa carreira participou en numerosos festivais e mostras especializadas, e consolidou un estilo propio no que a imaxinación, o humor e a animación á lectura ocupan un lugar central. A súa capacidade para conectar coa infancia e converter os libros en experiencias compartidas fixo de Pablísimo unha das voces máis recoñecibles e queridas do panorama galego da narración oral.

CABICIVAI

Unha bicicleta, un kamishibai e tres caixóns dos que pode saír calquera cousa!!

Cabicivai subindo e baixando!
Cabicivai de acó para aló!
Cabicivai levando as historias!
Cabicivai a outro lugar!

Cabicivai é un espectáculo sobre rodas… Un ciclista viaxeiro comparte contos de todo o mundo co público sacando dos caixóns do seu kamishibai as cousas máis inverosímiles: brinquedos, bucinas, potas, asubíos, matracas, receitas de cociña… A viaxe vai comezar!

CO APOIO DE