Festival Atlántica
Participantes
Programa
  • Adultos
  • Infantil e familiar
  • Atlántica 2025
    • Entradas
    • Equipo
    • Apoios
  • Tenda
  • Contacto
  • EDICIÓNS ANTERIORES
    • EDICIÓN 2024
      • Programa adultos 2024
      • Programa infantil e familiar 2024
    • EDICIÓN 2023
      • Programa adultos
      • Programa infantil e familiar
  • Atlántica 2025
    • Entradas
    • Equipo
    • Apoios
  • Tenda
  • Contacto
  • EDICIÓNS ANTERIORES
    • EDICIÓN 2024
      • Programa adultos 2024
      • Programa infantil e familiar 2024
    • EDICIÓN 2023
      • Programa adultos
      • Programa infantil e familiar
Paco Nogueiras

Paco Nogueiras

Paco Nogueiras é un músico convertido a actor e un actor convertido en músico. Ao longo da súa traxectoria profesional, pasou por diversas formacións teatrais e musicais que o levaron a escenarios nacionais e internacionais. Combinou este labor coa de monitor de teatro e compositor para espectáculos entre os que cabe destacar a realización da banda sonora da serie infantil emitida na TVG ‘Planeta fantasía’. Os diferentes rexistros de Paco Nogueiras convérteno nun ser de espectáculo “todoterreo” capaz de afrontar retos de calquera tipo.

Son animal  | Infantil | 45 min

O novo espectáculo de Paco Nogueiras está adicado aos animáis máis cercanos e aos seus sons convertidos en divertidas cancións.

Moi preto de nós viven toda clase de animais. Hainos grandes, pequenos, con pelo, plumas, cornos, rabo, con catro patas, dúas… ningunha. Todos diferentes e especiais, todos marabillosos. E todos… co seu son.

O bruar dunha vaca, o miañar dun gato, o ladrar dun can, o cacarexar dunha galiña, ou zunido do mosquito convértense en divertidas cancións da man de Paco Nogueiras. Cancións que nos levan polo mundo a través de diferentes estilos musicais: dende un aire portugués aos ritmos do leste de Europa, dende unha balada acústica a un animado rock & roll, dende unha fanfarra circense ate unha melodía de influencias andinas.

Preparémonos para cantar como animais, pois o gran son dos nosos amigos animais está a piques de comezar a soar.

WEB ALOXADA EN
CO APOIO DE