Festival Atlántica
Participantes
Programa
  • Adultos
  • Infantil e familiar
  • Atlántica 2025
    • Entradas
    • Equipo
    • Apoios
  • Tenda
  • Contacto
  • EDICIÓNS ANTERIORES
    • EDICIÓN 2024
      • Programa adultos 2024
      • Programa infantil e familiar 2024
    • EDICIÓN 2023
      • Programa adultos
      • Programa infantil e familiar
  • Atlántica 2025
    • Entradas
    • Equipo
    • Apoios
  • Tenda
  • Contacto
  • EDICIÓNS ANTERIORES
    • EDICIÓN 2024
      • Programa adultos 2024
      • Programa infantil e familiar 2024
    • EDICIÓN 2023
      • Programa adultos
      • Programa infantil e familiar
Pakolas

Pakolas

Paco Cerdeira (músico, compositor e produtor) leva adicándose ao público infantil dende xa fai mais de 13 anos, que comezou os seus pasos como membro de Mamá Cabra (grupo de música didáctica infantil en galego), do que participou nos seus traballos durante mais de 10 anos continuadamente, sendo eixo principal dos espectáculos desenvolvidos en coles, teatros e auditorios, librerías, bibliotecas, feiras do libro, etc. No ano 2014 decide formar a súa propia banda de música infantil, dada a súa longa traxectoria neste eido profesional, e nace así A Gramola Gominola, editando así o seu primeiro traballo en Libro-Cd como o Autor en Marzo de 2015, por parte da Editorial Galaxia. Crea cancións para un proxecto musical totalmente diferente ao visto ata ese momento, tendo como eixe central o Rock and Roll, explorando e mostrando moitos estilos da música contemporánea ligados ao rock, e sendo unha proposta didáctica para os máis cativos da casa. No 2017 edítase o segundo traballo da banda (homónimo) “Cancións para Desafinar”, de novo con ED Galaxia, no que nos convidan a todas e todos a rockear, e no ano 2019 publica o seu terceiro traballo, “Bravas. O rexurdir da Luz” cun espectáculo que xa está a percorrer Galicia con gran acollida entre o público. Os recoñecementos públicos de A Gramola Gominola logo chegan, estando nomeados aos Premios Galegos da Música Martín Códax na categoría Música Infantil, nos anos 2016 e 2017, e acadando o premio no ano 2018 No ano 2015 comeza a traballar no seu proxecto persoal en solitario, Pakolas, e nace así unha nova proposta para espectáculo individual. Segue traballando así con letras e composicións propias e mergullándose no mundo dos contos. O seu primeiro libro-cd en solitario, do mesmo título que o seu nome, “Pakolas” é editado pola Ed Galaxia (Sonárbore) en Novembro de 2017, co respaldo do Colexio Profesional de Logopedas de Galicia (CPLGA). Son 10 composicións, no que tamén trata de traballar a música dende unha nova perspectiva logopédica, non so de contar historias e contos e interpretalas músicas nos espectáculos. En 2020, e na mesma colección Sonárbore, sae editado este seu segundo libro-disco titulado “Ramona Órbita. A dona do tempo”.

A Ramona pequena | Público familiar | Concerto e contos
Contaremos e cantaremos a historia da Ramona pequena. A máquina do tempo leva a Ramona a súa infancia, Vivimos así unha nova aventura didáctica e rockeira rebordante de imaxinación e aprendizaxe.
Corría o ano 1967 no Courel e Ramona contaba con 6 aniños. Era unha nena movida por constantes inquedanzas, cunha mente esperta e imaxinativa. Adoraba perderse entre as páxinas de Xulio Verne, A volta ao mundo en 80 días, 20 mil leguas de viaxe submarino, Viaxe ao centro da terra e sobre todo un que lle espertaba a mais grande das curiosidades, Da terra á lúa, que lía unha e outra e outra vez. A Lúa era para ela unha fonte imparable de preguntas sen resposta: que tipo de leiras habería nela? Poderíase cultivar na súa superficie? Habería auga? Viviría alguén aí? Saberían, ou polo menos entenderían o galego? Sería mais grande que o Sol?
Moitas personaxes poderedes coñecer neste novo espectáculo, como a profe Lupe, que sempre escoitaba atenta as dúbidas da pequena, ou á súa amiga furona Nora, coa que consigue viaxar ata a Lúa! Con estas e outras personaxes chegaremos á fin desta viaxe, que nos ensina que a imaxinación non ten límites, a nosa cabeza é un taller de ideas onde os soños poden tornarse realidade.
Un espectáculo para compartir coas máis pequenas e coa familia. Pakolas tamén incluirá nesta montaxe algún dos seus éxitos anteriores dos libros Pakolas e Ramona Órbita, a dona do tempo.

WEB ALOXADA EN
CO APOIO DE