
Paula Carballeira
10 ANOS DO MAR DE CONTOS | Público adulto | Galego
Xunto a Quico Cadaval inaugurará a X edición cunha selección das súas mellores e algunha sorpresa.
CAMIÑOS DE MAR, TERRA E VENTO | Público familiar | Galego
Polos camiños da terra van quen queren chegar lonxe, de vagar, atopando atrancos, e persoas descoñecidas, e aventuras fantásticas ou pequenas peripecias, perigos, sorpresas.
Polos camiños do aire van quen adiviñaron como voar, coa axuda de paxaros ou alfombras, de vasoiras ou de rachas de vento.
Polos camiños do mar van quen esperan atopar illas misteriosas, música feita por ondas e sereas, baleas brancas, luras xigantes, tesouros que poden non ser de ouro nin de prata, senón de corais e criaturas das profundidades.
E os contos viaxan, de boca en boca, pola terra, polo mar e, sobre todo, polo aire.