Festival Atlántica
Participantes
Programa
  • Adultos
  • Infantil e familiar
  • Atlántica 2025
    • Entradas
    • Equipo
    • Apoios
  • Tenda
  • Contacto
  • EDICIÓNS ANTERIORES
    • EDICIÓN 2024
      • Programa adultos 2024
      • Programa infantil e familiar 2024
    • EDICIÓN 2023
      • Programa adultos
      • Programa infantil e familiar
  • Atlántica 2025
    • Entradas
    • Equipo
    • Apoios
  • Tenda
  • Contacto
  • EDICIÓNS ANTERIORES
    • EDICIÓN 2024
      • Programa adultos 2024
      • Programa infantil e familiar 2024
    • EDICIÓN 2023
      • Programa adultos
      • Programa infantil e familiar
paula_bn

Paula Carbonell

Paula Carbonell é narradora e escritora con ampla experiencia como contadora de contos, conferenciante e formadora. O seu libro Gallito Pelón foi incluído na lista White Ravens 2014; El más rápido foi premio Fundación Cuatrogatos 2017; recibiu o terceiro premio na Feira de Ilustración dos Emiratos Árabes 2017 e foi finalista en 2017 do *The Golden Pinwheel Young Illustrators Competition* na Feira do Libro Infantil de China (CCBF) en Xanghái. Valentina ten dúas casas e El pollo Kiriko foron seleccionados pola OEPLI entre os mellores libros de 2017. Premio *TodosTusLibros* 2024 ao Mellor Libro Xuvenil por NO. Dirixe a colección Artefactos na editorial Libros de las Malas Compañías.

MAL OU BEN DE AMORES? | Público adulto
Do amor, as súas infidelidades, argalladas e outros mesteres…
Amores haber hai: filiais, paternais, maternais, fraternais, maritais e mesmo extramaritais. Sofres, gozas, padeces, amoleces, quédache cara de espanto, de santo, de pedra, de fera, de idiota e ás veces ata dás a nota.

AGORA DESPOIS | Público adulto
Que chega despois do despois? Porque despois do agora, chega o agora, despois.
Un agora vou, un logo cóntoche, un estou niso, que xa estou, que xa chego, que si, que si… –e mentres, o tempo escapa…– que agora logo!

INESPERADAMENTE | Teatro para adultos
É un espectáculo teatral sobre poetas hispanas e latinoamericanas e o seu verso. Unha homenaxe a aquelas que marcaron a historia da literatura coa súa poesía e as súas historias.

UN NENO, UN CAN, UN GATO E UN PITO | Público familiar e infantil
O pito Kirico camiña, un can e un gato xogan, as miñas historias voan… ás veces contigo, outras con eles. Ven que cho conto.

DIVINOS ANIMAIS | Familiar e infantil
Enchéuseme a maleta de animais divinos con divinas historias. Coñécelas? Non? Pois ven que as contamos.

POMBAS, POEMAS E CONTOS | Bebés
Para espertar, bicos, no paseo, cóxegas, para comer, retrousos, para a sesta, un poema. E despois de xogar, merendar, cear… a escoitar versos, arrolos e contos.

WEB ALOXADA EN
CO APOIO DE