Festival Atlántica
Participantes
Programa
  • Programa infantil e familiar
  • Programa adultos
  • Atlántica 2022
  • Equipo
  • Apoios
  • Contacto
  • Atlántica 2022
  • Equipo
  • Apoios
  • Contacto
PavisPavos

Pavís Pavós

Pavís Pavós formouse como grupo de contacontos para público infantil no ano 1996 en Pontevedra. Traballa principalmente en Galicia con contos en galego e tratando de recuperar cantos, contos, adiviñas, refráns, fraseoloxía e xogos propios da nosa tradición. Tamén inclúen nos seus espectáculos contos de nova creación e formatos contemporáneos. Por outra banda, a compañía adícase o labor da recuperación da oralidade e entre a súas tarefas tamén está a de recuperar as versións orixinais dos contos clásicos para que non desaparezan. Pavís Pavós está formado por Tareixa Alonso e Xacobe Rodríguez.

AS HISTORIAS DA MARQUESA | Infantil e familiar | 50 minutos

As Historias da Marquesa é unha escolma dos contos que Xacobe e Tareixa aprenderon grazas aos libros que lles deixou en herdanza a súa avoa. Nos libros agóchanse incribles historias, algunhas delas…de medo.

 

WEB ALOXADA EN
CO APOIO DE