Festival Atlántica
Participantes
Programa
  • Programa infantil e familiar
  • Programa adultos
  • Contos no camiño
  • Atlántica 2021
  • Equipo
  • Sedes
  • Contacto
  • Atlántica 2021
  • Equipo
  • Sedes
  • Contacto
Pep Bruno (6)

Pep Bruno

Pep Bruno, barcelonés afincado en Guadalaxara, é licenciado en Filoloxía Hispánica, Teoría da Literatura Comparada e diplomado en Traballo Social. Comezou a contar contos en 1994 e desde aquela xa percorreu numerosos festivais de todo o mundo compartindo historias para nenos e adultos. Compaxina a súa actividade como narrador coa súa faceta de blogueiro e coa impartición de cursos, conferencias e obradoiros literarios e de creación. Tamén organiza actividades de animación á lectura, escribe artigos de reflexión en revistas especializadas e colabora decote cos medios de comunicación. No ano 2010, coa obra ‘La familia C’, ganou o III Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado outorgado pola Editorial Kalandraka en colaboración co Concello de Santiago. Os seus libros están traducidos a máis de dez linguas.

CONTOS NO CAMIÑO

Os vellos contos da tradición oral, fieis compañeiros de viaxe dende o comezo dos tempos, nestes días volven dar un paseo por este camiño que tanto transitaron e tan ben coñecen. Son contos voadores, tecidos con palabras rodadas de boca en orella durante séculos, os que veñen para ser contados e escoitados de novo nestes lares, contos para camiñantes, para xentes da terra e, sobre todo, para quen anda con curiosidade e ganas de regalar a orella e o corazón.

WEB ALOXADA EN
CO APOIO DE