
Ricardo J. Martins (Portugal)
Ricardo J. Martins naceu en Faro o 3 de febreiro de 1984. Influenciado por diversos xéneros musicais, atopou na guitarra portuguesa a mellor forma de expresar o seu universo sonoro. Aínda que gran parte da súa traxectoria está ligada ao acompañamento do fado, desenvolveu tamén unha importante carreira como solista, interpretando tanto a guitarra de Lisboa como a de Coimbra. En 2014 publicou o seu primeiro disco instrumental, “Ricardo J. Martins”, no que reuniu adaptacións de clásicos da Guitarra Portuguesa e temas tradicionais do Algarve, xunto coa composición propia «Danças na Eira». En 2017 editou “Cantos e Lamentos”, continuando a procura de novos camiños para o instrumento sen perder de vista as súas raíces. En 2018, a peza «Corre Corre Corridinho» foi galardoada nos International Portuguese Music Awards (IPMA) como Mellor Música Instrumental. En 2021 presentou “Escapismo”. Un ano máis tarde iniciou unha colaboración co guitarrista Vítor Bacalhau, da que naceu “TerraSul”, un proxecto que fusiona dous xéneros populares como o fado e o blues. O primeiro EP, “Encruzilhada”, apareceu en 2022, seguido do álbum “TerraSul” en 2024. Ao longo da súa carreira levou a súa música a numerosos países de Europa, América, África, Asia e Oceanía, e compartiu escenario con artistas como Viviane, Marco Rodrigues, Pedro Moutinho, Ana Sofia Varela, Nancy Vieira, Rita Redshoes, Hélder Moutinho, Cuca Roseta, Dino D'Santiago ou Pedro Jóia Trio. En 2024 publicou “Ela… Só”, un disco para guitarra portuguesa en solitario, e en 2026 presentou “Ricardo J. Martins & Quarteto das Ondas”, un proxecto que une a guitarra portuguesa coa sonoridade dun cuarteto de corda.
Raianas
No Festival Atlántica acompañará a artista de Huelva Irene Reina, na súa presentación na Pobra do Caramiñal
