
Rilo & Penadique
LAVANDEIRAS | Público adulto | Galego
O oficio das lavandeiras forma parte do noso imaxinario colectivo. As mulleres á beira do río, de xeonllos, fregando a roupa tecen unha estampa que se repetiu ao longo da nosa historia. Ao seu redor, as lendas e os contos sucédense por toda a nosa xeografía, tanto física como identitaria.
Vero Rilo recolle ese patrimonio oral, dálle forma e agasállallo ao público, descubríndolle os outros relatos que rodean os lavadoiros: dende as lavandeiras nocturnas enchoupadas en sangue que xurdían da noite traendo malos presaxios até a traballo colectivo das lavandeiras de Redondela, na Illa de San Simón cando a guerra. Tamén conta de Manuela Lores, das fontes, dos ríos e de poñer os pés a remollo cada día…
A voz de Vero Rilo enfía estas pezas da nosa historia nun espectáculo único, de memoria e coñecemento, propio para un público adulto con curiosidade polo noso devir como pobo.
DERRIBA DA LÚA | Bebés 0-3 anos | Galego
DERRIBA DA LÚA é un espectáculo-obradoiro de narración oral e música, de recente creación, para familias con nenos de 0 a 3 anos. Queremos arrolar, contar, cantar e xogar xuntas para soñar e medrar libres coma paxaros, de candeloria a candeloria.