
Santi Prego e Jorge de Arcos
Santi Prego é actor de teatro, cine e TV, titiriteiro e narrador oral. Comezou a contar a mediados dos anos '90 en institutos e as súas historias xa pasaron por teatros, casas da cultura, bibliotecas e mesmo en programas da televisión como Apaga a lus e tamén na Radio Galega. Jorge de Arcos formou parte da compañía Matarile nos espectáculos Antes de la metralla (2017) e Daimon y la jodida lógica (2019). Gañador do campionato de improvisación teatral galego-portugués Fetega 2021.
O teatro máis pequeno do mundo | 45min | Todos os públicos
O actor Santi Prego, acompañado nesta ocasión por Jorge de Arcos, presenta un repertorio que inclúe contos con participación e contos improvisados. O seu xeito de contar é moi visual. Nas súas historias sempre hai maxia e poesía e nunca falta un elemento de comicidade sutil.