Festival Atlántica
Participantes
Programa
  • Adultos
  • Infantil e familiar
  • Atlántica 2023
  • Equipo
  • Apoios
  • Contacto
  • Atlántica 2023
  • Equipo
  • Apoios
  • Contacto
sherezade_bardaji

Sherezade Bardají

Profesional das artes escénicas desde 2007, compaxinou o traballo en compañías e teatros, como La Cubana e o Teatre Nacional de Catalunya, coa creación dos seus propios espectáculos. Como narradora oral destaca a súa participación nos festivais: Landcommanderij Alden Biesen (Festival Internacional de Narración Oral de Flandes), Maratón de los Cuentos de Guadalaxara, Etnosur Alcalá de la Real, Harlem Barcelona, Dpalabrafestival de Cuenca, Matadero Lab, Eva Festival, Encontes a València, Fraga Te cuenta, Cuenta con Agüimes, Segamots, entre outros. Das súas colaboracións con entidades destacan proxectos coa Fundació Miró e Espai Cultura Fundació Sabadell, o Consorci de Biblioteques de Barcelon no proxecto Sac de Rondalles e o seu traballo coa Xunta de Galicia no catálogo escénico Ler Conta moito. Nos últimos anos levou a cabo formacións vencelladas á narración oral e á literatura infantil e xuvenil. Pode desenvolver proxectos en solitario en bibliotecas, librarías e escolas, ou tamén en compaña doutros profesionais, como no caso dos obradoiros de verán da UAB coa doutora en Antropoloxía Social e Cultural Anna Juan.

A noite nos ollos | Público adulto | 60 min
Guerrilleiras, analfabetas, putas, pastoras e clandestinas: a viaxe emocional de cinco mulleres que loitan dende os extremos da vida.
Era a verbena de San Xoán de 1959, pero a miña tata agardaba un tren que tardaba un día e medio en ir de Andalucía a Cataluña. Ía tan lento que cando se atopaba pola zona de Valencia sacaban as mans polas ventás para coller as laranxas das árbores. Anos máis tarde, cando eu cheguei ao mundo cos ollos cheos de curiosidade e as noites en vela, comecei a preguntar ás miñas avoas, ás miñas tías, á miña nai. Aínda que ás veces me dicían: “Nena, non preguntes tanto!”. Pero seguín insistindo, e explicáronme a historia de todas aquelas mulleres e daquel tren que as levou ata unha nova cidade onde encher as noites de novos soños.

WEB ALOXADA EN
CO APOIO DE