Festival Atlántica
Participantes
  • ATLÁNTICA 2026
    • Equipo
    • Apoios
  • Programa
  • Tenda
  • Contacto
  • ATLÁNTICA 2026
    • Equipo
    • Apoios
  • Programa
  • Tenda
  • Contacto
DSCF6170

Soledad Felloza

Sole Felloza é moito máis ca unha narradora: é unha viaxeira de historias, unha exploradora de voces agochadas no tempo e unha artesá da memoria. Actriz, contadora de historias, fotógrafa, escritora, dramaturga e xestora cultural, leva máis de 30 anos enchendo escenarios de América Latina, Europa e África co poder da palabra. Na actualidade, dirixe o Festival Atlántica, unha cita imprescindible para quen ama a tradición oral e a súa fusión con novas formas de contar. Dende Galicia, súa terra de adopción, promove a descentralización da cultura, levando espectáculos, conversas e experiencias a todos os recunchos da xeografía. O seu traballo artístico é profundamente humano. As historias que constrúe nacen da escoita, da observación atenta, especialmente das voces de mulleres que nunca tiveron a oportunidade de ser escoitadas. O seu teatro, os seus contos e mesmo a súa fotografía son espellos que rescatan a memoria colectiva e a transforman en emoción viva. Multidisciplinar e incansable, Felloza transita entre a narración, o teatro e a documentación patrimonial con un único obxectivo: contar. Contar para a cativada, para mocidade, para público adulto, para quen estea disposto a escoitar. Porque, en cada historia que rescata, revive un anaco da nosa identidade.

 

CO APOIO DE